Entrevista ós capitáns dos equipos Invictus e Softee Estrada Pádel

//Entrevista ós capitáns dos equipos Invictus e Softee Estrada Pádel

Entrevista ós capitáns dos equipos Invictus e Softee Estrada Pádel

Por | 2018-04-20T19:57:22+00:00 20 abril,2018 |Categorias: Estrada Pádel|0 comentarios

Rematada a primeira volta da Liga Rías Baixas, quixemos falar cos nosos capitáns para que nos falasen de como está sendo a tempada para os seus equipos e que obxectivos e expectativas teñen de cara o que queda de competición.

Javi González, capitán do equipo Invictus Estrada Pádel, afirma estar moi contento cos resultados que están acadando posto que “nestes primeiros partidos , só perdemos contra o Arousa Pádel que ten un equipo con xente de gran nivel que leva xogando moito tempo”. Na mesma liña se manifesta Miguel Ángel Brea, capitán do equipo Softee Estrada Pádel, quen afirma que está sendo unha primeira volta “moi positiva. Os resultados non están sendo bos pero a actitude dos xogadores é magnífica. O grupo ten un comportamento excepcional”.

 

“O bo ambiente entre os xogadores axúdanos moito para competir”

Javier González, capitán do equipo Invictus.

 

¿Cales credes que son as vosas virtudes na pista?

Javi González-. Creo que somos un equipo que pon o 200% en cada punto do partido e esa intensidade fainos gañar moitos puntos contra xente con máis experiencia. Ademais, o bo ambiente entre os xogadores, axúdanos moito para competir.

Miguel Ángel Brea-. O compañeirismo. Este é un deporte que se xoga por parellas e considero moi importante que os dous xogadores teñan empatía e se animen un ó outro cando as cousas non pintan ben.

Javier González y Pablo Coto. Capitanes del equipo Invictus

Miguel Ángel Brea y Delio Vidal, capitanes del equipo Softee

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E ¿cales son esas cousas que poderíades mellorar?

Miguel-. Temos que mellorar os resultados. Aínda que é o noso primeiro ano de competición oficial e era previsible o que nos está pasando. A experiencia que estamos collendo este ano creo que nos virá ben para o ano próximo.

Javi-. Temos xente nova con respecto ós que estabamos competindo no X3 Pádel Club e, quizáis, necesitamos compenetrarnos un pouco máis á hora de xogar xuntos, pero iso soluciónase con máis partidos e adestramentos. Ademais, sería bo seguir con clases para poder avanzar no nivel que temos cada un.

 

“A idea é conseguir ter tres parellas con garantías de victoria”

Miguel Ángel Brea, capitán do equipo Softee.

 

Xa de cara ó final de tempada, os capitáns valoran os diferentes metas de cada equipo para o que resta de competición. Para Javi, o reto pasa por conseguir xogar a fase de ascenso, “estas últimas xornadas temos que dalo todo e apurar as nosas opcións para poder optar ao ascenso. Está complicado quitarlle a primeira praza ao Arousa Pádel pero temos que loitar para poder terminar como mellor segundo dos 7 grupos da nosa categoría”.

Para o equipo Softee, en palabras do seu capitán, “a idea é conseguir ter 3 parellas con garantías de victoria. Unha delas xa leva 3 victorias consecutivas nos últimos partidos. Agora temos que buscar ás outras duas”.

Pensando xa no vindeiro ano, ¿cales son os obxetivos dos equipos para a seguinte tempada?

Javi-. Os nosos obxetivos a curto prazo son poder subir de categoría e asentarnos en segunda. Pero sabemos que a cousa non é nada fácil.

Miguel-. De momento o obxetivo é terminar esta sen problemas de asistencia nas convocatorias e tentando gañar o máximo de partidos posibles. E o máis importante, conseguir que non se nos encolla o brazo cando entramos na cancha.

Softee Estrada Pádel

Cuestionados sobre as posibilidades que ven eles de contar cun equipo femenino para a seguinte tempada, ambos resaltan a pouca presenza feminina nas pistas. “O ideal para poder facer un equipo de Liga Galega sería dunhas 18 ou 20 persoas mínimo e aquí creo que habería que darlle 1 ou 2 anos máis, para que o pádel siga enganchando xente”, opina Javi.

A maioría de deportes requiren unha boa condición física, ¿co pádel é igual ou pensades que calquera persoa, de calquera idade e condición física, pode xogar?

Miguel-. Este é un xogo que engancha moito a todo tipo de persoas pero non deixa de ser un deporte e, como tal, esixe un pouco de preparación física. No meu caso particular, eu gañei condición física xogando ó padel, comecei xogando un partido á semana e agora podo xogar un partido diario.

Javi-. Para practicalo non é fundamental, pero está claro que a condición física é algo importante  que irás collendo según vaias xogando. Non é a mesma condición física aos vinte que aos cincuenta anos pero pódense aprender algúns trucos para seguir sendo competitivo na pista e continuar disfrutando dun deporte divertido como o pádel.

 

“O mellor é o bo ambiente que adoitas atoparte no mundo do pádel”

Javi González

 

Equipo Invictus Estrada Pádel

Neste sentido, quixemos preguntarlles tamén qué consello lle darían eles ós que se queiran iniciar no mundo do pádel. “Eu recomendaríalle que empezaran despacio con amig@s “paleter@s” e, se lles engancha, que se apunten a unhas clases de iniciación para mellorar os golpes e as técnicas máis habituais  do pádel”, apunta Miguel. “O mellor é o bo ambiente que adoitas atoparte no mundo do pádel, xa sexa con compañeiros ou rivais. Divertíame moito practicandoo e, a día de hoxe, segue igual”, engade Javi.

Dende o clube, agradecémoslles ós nosos capitáns que sacasen tempo para contestar ás nosas preguntas. Agardamos que a tempada remate con éxito para ámbolos dous equipos e desexámoslles moita sorte de cara os enfrontamentos que quedan por disputar.

Dejar un comentario